Recursos para a aprendizaxe da lingua galega

O pretérito perfecto do indicativo (1)

Exercicio para practicares o pretérito perfecto do indicativo

Recursos

Conxugador de verbos en galego

Dicionario da Real Academia Galega (RAG)


Exercicio

Pon as seguintes oracións en pasado.

  1. Cando vindes?

    Cando viñestes?

  2. A roupa non me cabe no armario.

    A roupa non me coubo no armario.

  3. Acordo cedo para ter tempo de almorzar.

    Acordei cedo para ter tempo de almorzar.

  4. Hai que facer todo o que el di.

Houbo que facer todo o que el dixo.

  1. Teñen un coche pintado dunha cor moi rechamante.

    Tiveron un coche pintado dunha cor moi rechamante.

  2. Nós somos os que temos as ideas.

    Nós fomos os que tivemos as ideas.

  3. Anxo ve todo o que pasa na rúa da xanela.

    Anxo viu todo o que pasou na rúa da xanela.

  4. Traemos lapis e papel para todos.

    Trouxemos lapis e papel para todos.

  5. Ando moi ocupado e non teño tempo de nada.

    Andei moi ocupado e non tiven tempo de nada.

  6. Todos os animais foxen do lume.

    Todos os animais fuxiron do lume.

  7. Despois do xantar dorme a sesta.

    Despois do xantar durmiu a sesta.

  8. Podo facelo porque me axudas.

    Puiden facelo porque me axudaches

  9. Non saben dicir quen o fai mellor.

    Non souberon dicir quen o fixo mellor.

  10. Sae ás sete da casa.

    Saíu ás sete da casa.

  11. Non quero dicir nada polo momento.

    Non quixen dicir nada polo momento.

  12. Telefono, mais ninguén atende as chamadas.

    Telefonei, mais ninguén atendeu as chamadas.

Verifica as respostas