Recursos para a aprendizaxe da lingua galega

5 regras fáciles para o be

  1. Escríbense con b as terminacións do copretérito do indicativo dos verbos da 1ª conxugación (-ar): andaba, cociñabas, cantaba, tocabamos, viaxabades, almorzaban...
  1. Escríbense con b os grupos br-: abrir, branco, brando, branquear, brasa, febre, nobre, nubrado, obriga...

    Excepto acivro, ávrego e avreguía.

  1. Escríbense con b os grupos bl-: blasfemia, blindar, bloqueo, blusa, problema, publicar, república...
  1. Escríbese b despois de -m: ambiente, ambos, bomba, chumbo, pomba, decembro, solombo...
  1. Escríbense con b os verbos da 3ª conxugación acabados en -buír e -bir: contribuír, distribuír, describir, recibir, prohibir...

    Excepto servir, vir, vivir e os seus derivados.