Recursos para a aprendizaxe da lingua galega

Da cabeza á punta do pé

Todos os nomes das partes do corpo.

Deixo a seguir a ligazón a dous recursos marabillosos para estudares o léxico do corpo humano:

  1. O primeiro está realizado por Pilar Ponte, a profa: O corpo humano: as súas partes

  2. O segundo é un vídeo curto da canle de Youtube Arre Demo co que aprenderás os nomes dos dedos en galego. Cando souberes os nomes de todos, anímate a cantar con Migallas a canción dos dedos para lavar as mans.

Despois de consultares os materiais anteriores, tenta facer os xogos da seguinte selección:


Selección de xogos

Apunta ben > O rostro

Opa! > Cabeza adxectivada

Opa! > Partes do corpo

Só unha vale > Que temos no corpo?

Só unha vale > Corpo a corpo

Opa! Partes do corpo relacionadas

Só unha vale > Non ter pés nin cabeza

Enforcado > a cabeza

Enforcado > partes do corpo (agás a cabeza)

As partes do corpo na LSE

Queres aprender como se din as distintas partes do corpo humano na lingua de sinais española (LSE)?

Olla o seguinte vídeo para aprenderes: