Recursos para a aprendizaxe da lingua galega

Contraccións (2)

Artigo indeterminado + preposición

As formas do artigo indeterminado (un, unha, uns, unhas) contraen coas preposicións con, de e en en galego.

preposicións/artigos un unha uns unhas
con cun cunha cuns cunhas
de dun dunha duns dunhas
en nun nunha nuns nunhas

Exercicio 1

Completa coas contraccións que corresponda:

Exemplo: A avoa de Carapuchiña Vermella vive nunha casa no bosque.

  1. Cortei o cabelo cunhas tesoiras que encontrei na cociña.
  2. O filme narra a vida duns mozos que cumpren a súa pena nun cárcere turco.
  3. O Titanic afundiu despois de colidir cun iceberg.
  4. Pénsao ben, trátase dunha decisión importante.
  5. Traballa nunha fábrica de automóbiles en Vigo.
  6. Fun cuns amigos á festa e divertímonos moito.
  7. Pararon nun supermercado ao pé da estrada para comprar auga.
  8. Espero verte nunhas semanas, volvo á casa o mes que vén.
  9. Foi atropelado por un coche que saía dun garaxe.
  10. No programa de hoxe van conversar cunha doutora sobre as vacinas.
  11. Despois de todo este esforzo, vou precisar dunhas boas vacacións.
  12. Agora non podo falar, chámote nuns minutos.

Corrixe as respostas