Contraccións (2)
Artigo indeterminado + preposición
As formas do artigo indeterminado (un, unha, uns, unhas) contraen coas preposicións con, de e en en galego.
preposicións/artigos | un | unha | uns | unhas |
---|---|---|---|---|
con | cun | cunha | cuns | cunhas |
de | dun | dunha | duns | dunhas |
en | nun | nunha | nuns | nunhas |
Exercicio 1
Completa coas contraccións que corresponda:
Exemplo: A avoa de Carapuchiña Vermella vive nunha casa no bosque.
- Cortei o cabelo
cunhas tesoiras que encontrei na cociña. - O filme narra a vida
duns mozos que cumpren a súa pena nun cárcere turco. - O Titanic afundiu despois de colidir
cun iceberg. - Pénsao ben, trátase
dunha decisión importante. - Traballa
nunha fábrica de automóbiles en Vigo. - Fun
cuns amigos á festa e divertímonos moito. - Pararon
nun supermercado ao pé da estrada para comprar auga. - Espero verte
nunhas semanas, volvo á casa o mes que vén. - Foi atropelado por un coche que saía
dun garaxe. - No programa de hoxe van conversar
cunha doutora sobre as vacinas. - Despois de todo este esforzo, vou precisar
dunhas boas vacacións. - Agora non podo falar, chámote
nuns minutos.