Contraccións (1)
Artigo determinado + preposición
As formas do artigo determinado (o, a, os, as) contraen coas preposicións a, con, de, en e por en galego.
preposicións/artigos | o | a | os | as |
---|---|---|---|---|
a | ao | á | aos | ás |
con | co | coa | cos | coas |
de | do | da | dos | das |
en | no | na | nos | nas |
por | polo | pola | polos | polas |
Exercicio 1
Completa coas contraccións correspondentes:
Exemplo: Comemos polbo á feira e churrasco.
- Fun
ao supermercado,á peixaría eá panadaría. - O irmán máis vello estuda
no seu cuarto e o pequeno,na sala de estar. - Tatexaba máis do normal
polos nervios. - Se volves cedo
do adestramento, iremosao cinema. - Estamos a agardar
polo tren que vénda Coruña. - Quero saír
á rúa brincarcoas miñas amigas. - Meteu as mans
nos petos e púxose a asubiar. - Espirro moito
na primavera porque teño alerxiaao pole. - Lévome ben
cos meus pais ecoas miñas irmás. - Van expulsar a Antón
do institutopolo seu mal comportamento. - Rabuñou as pernas todas
nas silvas. - Fun pasear
á beira do ríoco meu can. - Caeu
polas escaleiras e parteu un ósoda perna. - Acordo
ás 7 da mañá para irao traballo. - As pingas de suor escorríanlle
pola cara. - Senta
na cadeira e escoita con atención. - Abre
coa túa chave, eu esquecín a miña. - Non hai quen entenda a letra
dos apuntamentosda miña compañeira. - Subiu moito o prezo
das cereixas. - Deixounos a todos
coa boca aberta.
E o que acontece cos artigos dos topónimos?
Contraen tamén coas preposicións? Como será: Vivo en A Coruña ou vivo na Coruña?
Hai topónimos que levan necesariamente artigo (A Coruña, O Carballiño, A Estrada), mentres que outros se usan sempre sen el (Negreira, Vigo, Lugo).
Como moi ben explica Esther Estévez, os artigos que acompañan algúns destes nomes de lugar compórtanse coma o resto dos artigos no que se refire ás contraccións. De acordo con isto, cando van precedidos dunha preposición coa que contraen (a, con, de, en ou por), temos que facer a contracción igualmente: vivo na Coruña, pasei polo Carballiño, vén da Estrada etc.
Ficou claro? Aínda non? Pois aquí che deixo unha segunda explicación de Esther, neste caso para un usuario de Tiktok, sobre as contraccións cos topónimos. Olla o vídeo e non peques máis en galego!
Exercicio 2
Realiza a contracción cando for preciso:
-
Antón vai
na (en) Guarda e non volve até a noite. -
Este ano quería ir á festa do queixo
de (de) Arzúa. -
Pasei a fin de semana na casa dos meus pais
en (en) Ribeira. -
Eles veranean
no (en) Grove desde hai moitos anos. -
Nacín
en (en) Ferrol, mais agora vivonas (en) Pontes de García Rodríguez. -
A miña nai é
da (de) Pobra do Caramiñal. -
Vivín varios anos
no (en) Porriño.Corrixe as respostas