Recursos para a aprendizaxe da lingua galega

Bilingüismo, diglosia, normalización lingüistica

Definición dos tres conceptos

Bilingüismo

Situación dun individuo que fala dúas linguas ou da comunidade, rexión ou país en que se falan dúas linguas nun nivel de igualdade.

Diglosia

Diglosia é a distribución dunha ou máis variedades lingüísticas que, dentro dunha comunidade (linguas en contacto), por mor dunha desigual repartición de usos, cumpren unhas funcións distintas e empréganse en situacións e contextos diferentes.

Normalización lingüística

A normalización lingüística, obxectivo do ecoloxismo lingüístico, é o proceso tendente a tornar unha lingua no vehículo normal de comunicación dunha comunidade. Supón a recuperación dun status de normalidade dunha determinada lingua, é dicir, conseguir que o seu uso oral e escrito sexa natural en calquera das situacións da vida cotián dos falantes.

Aínda que ambos os dous conceptos van intimamente ligados, non debe confundirse con normativización, que é o proceso de estandarización ou fixación formal de todo o corpus da lingua.