Recursos para a aprendizaxe da lingua galega

Bes e uves

Por que non dou unha?

En galego é complicado sabermos cando unha palabra se escribe con b e cando con v, porque a pronunciamos sempre da mesma maneira.

Non lles sucede así aos falantes doutras linguas románicas como portugueses, franceses ou italianos. Mais non é porque eles sexan máis espelidos ca nós, 🙅‍♀️.

Para eles é moito máis fácil, dado que pronuncian de modo diferente o b e o v. De acordo con isto:

Queres saber por que acontece isto? Atento ao vídeo:

Como podes ver, acertarmos se unha palabra leva b ou v non é tan simple e require un certo adestramento pola nosa parte.

Recursos

Aínda ben que na rede hai moitos sitios con consellos e actividades para mellorarmos a nosa competencia nesta cuestión.

Primeiro comeza por veres este vídeo do #DígochoEu:

E despois podes continuar o teu adestramento no site: Ortografía: O uso do b e do v


Exercicios

Tarefa 1

Escolle entre os seguintes pares de palabras a que encaixe mellor en cada caso:

Abalar - avalar

Balor - valor

Bola - vola

Bela - vela

Botar - votar

Rebelar - revelar

Bou - vou

Verifica as respostas

Tarefa 2

2 xogos do Portal da palabras > Dimo con letras

B-V Dúas letras para un único son

Be e be-ese Substantivo ou sustantivo

Tarefa 3

Sabías que hai un canción moi coñecida en que se brinca coas semellanzas fonéticas entre dúas palabras, unha con be e outra con uve. O título desta música é Vou a Bueu. Ouve a versión que fixo dela Andrés do Barro:

Desde hai pouco podemos gozar tamén destoutra versión da canción realizada por Esther Estévez e mais as Tanxugueiras para o TikTok.

En Bueu teñen moi claro como hai que ir, mais como irías ti. Sabes o que é un bou con b?