Recursos para a aprendizaxe da lingua galega

As regras de acentuación

Neste esquema sintetizamos as regras xerais de uso do acento gráfico en galego.

Esdrúxulas Graves Agudas
´ ´ ´
As palabras esdrúxulas acentúanse sempre Só se acabaren en ditongo decrecente (seguido ou non de -s) ou nunha consoante distinta de -n, -s ou -ns Cando terminaren en vogal ou en vogal seguida de -n, -s ou -ns
Exemplo: médico Exemplo: amigábeis, fácil Exemplo: verán, mais robots

Exercicio 1

Escribe o nome dos elementos fotografados. Ten en conta que en todos os casos debes usar palabras con acento gráfico:

móbil

limón

lámpada

cámara

café

semáforo

Verifica as respostas

Exercicio 2

Os nomes destas catro doenzas teñen acento gráfico. Une as sílabas para saberes de que doenzas se trata:

la no o ram la ru ta va o xa pón
Verifica as respostas
  1. tano
  2. xarampón
  3. ruola
  4. vaola

Exercicio 3

Coloca o acento gráfico nas seguintes palabras cando for preciso, despois indica a súa clasificación de acordo coa acentuación (agudas, graves ou esdrúxulas) e xustifica a presenza ou a ausencia do acento gráfico.

Ex.: minuscula: Minúscula ten acento porque é unha palabra esdrúxula

  1. dificil:
  2. papel:
  3. lapis:
  4. cancion:
  5. acuatico:
  6. esquimo:
  7. esteril:
  8. pexego:
  9. ali:
  10. chines:
Verifica as respostas
  1. difícil: Difícil ten acento porque é unha palabra grave que acaba en consoante -l.
  2. papel: Papel non se acentúa porque é unha palabra aguda que acaba nunha consoante diferente de -n, -s ou -ns.
  3. lapis: Lapis non ten acento gráfico porque é unha palabra grave que acaba en consoante -s.
  4. canción: Canción acentúase porque é unha palabra aguda que acaba en -n.
  5. acuático: Acuático ten acento porque é unha palabra esdrúxula.
  6. esquimó: Esquimó acentúase porque é unha palabra aguda terminada en vogal.
  7. estéril: Estéril ten acento porque é unha palabra grave que termina en consoante -l.
  8. pexego: Pexego non se acentúa porque é unha palabra grave que acaba en vogal.
  9. alí: Alí ten acento porque é unha palabra aguda que acaba en vogal.
  10. chinés: Chinés acentúase porque é unha palabra aguda que acaba en consoante -s.