As interferencias
Interferencias e desviacións do estándar
Causas
- Contacto e conflito lingüístico galego-castelán
- Semellanza formal entre galego e castelán, dúas linguas románicas
- Ausencia dun modelo de galego estándar durante un longo período
Interferencias máis habituais
Interferencias ortográficas:
*grabar por gravar, *móvil por móbil, *hola por ola, *ahí por aí, #DígochoEu Non escribas *extender
Interferencias fonéticas:
- Sistema de 5 vogais fronte ao sistema de 7 do galego tradicional
- Dificultade para pronunciar nasal velar sonora: unha, ningún
- Dificultade para pronunciar a fricativa prepalatal xorda: xenio, ameixa
- Acentuación errada:
- *acné por acne,
- *olimpiadas por olimpíadas,
- *héroe por heroe,
- *atmósfera por atmosfera,
- *triatlón por tríatlon, *pentatlón por péntatlon, *decatlón por décatlon,
- *radón por radon,
- *neón por neon: #DígochoEu Non digas luces de *neón
- *páxaro por paxaro
- *élite por elite
- *parásito por parasito
- *médula por medula
- *termostato por termóstato
- *isobara por isóbara
- *cardiaco por cardíaco: #DígochoeEu Non digas *cardiaco nin *periodo
- *cónclave por conclave
- *gladiolo por gladíolo. En castelán esta palabra ten dobre acentuación, pode pronunciarse gladiolo ou gladíolo
- *peonía por peonia
- *travesti por travestí
Interferencias morfolóxicas
Substantivo
Alteracións no xénero:
- Vídeo do #DigochoEu > Aprende a formar o masculino desde o feminino
- Vídeo do #DígochoEu > Palabras que son sempre en feminino
- Vídeo do #DígochoEu > Non digas *as labores
- Vídeo do #DígochoEu > Non digas *as cárceles
- Vídeo do #DígochoEu > Non digas *estreno. En galego esta palabra é feminina: a estrea
- Vídeo do #DígochoEu > Non digas *espinilla. Acne é unha palabra grave e feminina: a acne
- Vídeo do #DígochoEu > Deixa de ser un *villano co escuadrón suicida. Ollo!!! Vilán / viláns (masculino) – vilá / vilás (feminino)
- Vídeo do #DígochoEu para Tiktok > Pódese dicir fantasma en galego? Repara! fantasma é masculino e pantasma é feminino: o fantasma vs. a pantasma
Alteracións no número:
Pronome
Verbos
Verbos con alternancia vocálica:
Tempos compostos
- #DígochoEu Non me fales con tempos compostos! (primeira parte)
- #DígochoEu Non me fales con tempos compostos! (segunda parte)
Verbos pronominais que non son tal
Preposicións
Adverbio
Conxuncións
Interferencias sintácticas
Colocación incorrecta do pronome átono: #DígochoEu Coloca pronomes en 1 minuto
Preposición a na perífrase ir + infinitivo: #DígochoEu Moito ollo con ir + infinitivo
Interferencias léxicas
Castelanismo adaptado: conexo, antoxo
Castelanismo pleno: miércoles, abuelo, postre, alquiler, bache
Interferencias semánticas:
pobo > #DígochoEu Moito ollo cos pobos
largo > #DígochoEu Non confundas longo e largo
rubio > #DígochoEu Non me chames rubia
sono > #DígochoEu Non é o mesmo que sono que soño
Hiperenxebrismos ou hipergaleguismos:
Fenómeno lingüístico que consiste na modificación artificial de certas palabras propias dun idioma, para diferencialas das formas coincidentes noutra lingua da mesma familia, dando lugar a formas incorrectas que pretenden facerse pasar por xenuínas.
No galego escrito abundan os hiperenxebrismos do tipo: *primaveira (por primavera); *sinceiro (por sinceiro); *esquiña (por esquina); *destiño (por destino) *calqueira (por calquera); *abandoar (por *abandonar); inconvinte (por *inconveniente); humán (por humano) etc.
Outros exemplos: