Interferencias e desviacións do galego estándar
Interferencias ortográficas, fonéticas, morfolóxicas, sintácticas, léxicas e semánticas. Hiperenxebrismos
Causas
- Contacto e conflito lingüístico galego-castelán.
- Semellanza formal entre o galego e o castelán, dúas linguas románicas.
- Ausencia dun modelo de galego estándar durante un longo período.
Tipos de interferencias
Interferencias ortográficas
*grabar por gravar, *móvil por móbil, *hola por ola, *ahí por aí, *extender por estender
Interferencias fonéticas
- Sistema de 5 vogais fronte ao sistema de 7 do galego tradicional
- Dificultade para pronunciar a nasal velar sonora: unha, ningún
- Dificultade para pronunciar a fricativa prepalatal xorda: baixa, ameixa
- Acentuación errada: *acné por acne, *olimpiadas por olimpíadas, *héroe por heroe, *atmósfera por atmosfera, *triatlón por tríatlon, *pentatlón por péntatlon, *decatlón por décatlon, *radón por radon, *neón por neon, *páxaro por paxaro, *élite por elite, *parásito por parasito, *médula por medula, *termostato por termóstato, *isobara por isóbara, *cardiaco por cardíaco, *cónclave por conclave, *gladiolo por gladíolo, *peonía por peonia, *travesti por travestí
Interferencias morfolóxicas
No substantivo
Alteracións no xénero
- Vídeo do #DigochoEu > Aprende a formar o masculino desde o feminino
- Vídeo do #DígochoEu > Palabras que son sempre en feminino
- Vídeo do #DígochoEu > Non digas *as labores
- Vídeo do #DígochoEu > Non digas *as cárceles
- Vídeo do #DígochoEu > Non digas *estreno. En galego esta palabra é feminina: a estrea
- Vídeo do #DígochoEu > Non digas *espinilla. Acne é unha palabra grave e feminina: a acne
- Vídeo do #DígochoEu > Deixa de ser un *villano co escuadrón suicida. Atención!!! Vilán / viláns (masculino) – vilá / vilás (feminino)
- Vídeo do #DígochoEu para Tiktok > Pódese dicir fantasma en galego? Repara! fantasma é masculino e pantasma é feminino: o fantasma vs. a pantasma
Alteracións no número
No pronome
No verbo
Verbos con alternancia vocálica
Tempos compostos
- #DígochoEu Non me fales con tempos compostos! (primeira parte)
- #DígochoEu Non me fales con tempos compostos! (segunda parte)
Verbos pronominais que non son tal
- #DígochoEu Non digas *quédate na casa
- #DígochoEu É correcto dicir... *non cho podes permitir
- #DígochoEu Como se di "te la estás jugando"?
Na preposición
No adverbio
Na conxunción
Interferencias sintácticas
Colocación incorrecta do pronome átono: #DígochoEu Coloca pronomes en 1 minuto
Preposición a na perífrase ir + infinitivo: #DígochoEu Moito ollo con ir + infinitivo
Interferencias léxicas
Castelanismos adaptados: *conexo, *antoxo, aguxeiro*
Castelanismos plenos: *Dios e adiós, *perro, *miércoles, *abuelo, *postre, *alquiler, *bache, *gafas, *bronca, *enterarse, *encía, *riñonera,
Interferencias semánticas
*pobo > #DígochoEu Moito ollo cos pobos
*largo > #DígochoEu Non confundas longo e largo
*rubio > #DígochoEu Non me chames rubia
*sono > #DígochoEu Non é o mesmo sono que soño
*habitación > #DígochoEu Moito ollo coas habitacións
Hiperenxebrismos ou hipergaleguismos
Fenómeno lingüístico que consiste na modificación artificial de certas palabras propias dun idioma, para diferencialas das formas coincidentes noutra lingua da mesma familia, dando lugar a formas incorrectas que pretenden facerse pasar por xenuínas.
No galego escrito abundan os hiperenxebrismos do tipo: *primaveira (por primavera); *sinceiro (por sinceiro); *esquiña (por esquina); *destiño (por destino) *calqueira (por calquera); *abandoar (por abandonar); *inconvinte (por inconveniente); *humán (por humano) etc.
Outros exemplos: