Recursos para a aprendizaxe da lingua galega

As formas do infinitivo persoal

Modelos para te familiarizares coa conxugación do infinitivo persoal + adestramento

As formas

En galego distinguimos dous tipos de infinitivo:

  1. Un infinitivo non persoal ou invariábel, e que presenta unha única forma: andar, facer, sentir.
  2. Un infinitivo persoal ou variábel, que ten flexión e presenta formas diferentes para cada unha das persoas. As formas deste segundo son:

Como podes observar, a 1ª persoa (P1) e a 3ª persoa (P3) do singular coinciden coa forma do infinitivo non persoal. O resto de formas obtéñense colando a ese infinitivo as terminacións: -res (P2), -mos (P4), -des (P5) e -ren (P6).

A seguir, tes dous cartóns de estudo ou flash card coas formas do infinitivo flexionado de facer e sentir. Tenta conxugalos e despois vira o cartón para verificares as respostas.

Infinitivo persoal de facer
  • eu facer
  • ti faceres
  • el/ela facer
  • nós facermos
  • vós facerdes
  • eles/elas faceren
Infinitivo persoal de sentir
  • eu sentir
  • ti sentires
  • el/ela sentir
  • nós sentirmos
  • vós sentirdes
  • eles/elas sentiren

Un pouco de práctica

Aínda que a conxugación do infinitivo non é complicada, é necesario practicar. Comeza o teu adestramento coas seguintes series:

Ser

Verifica as respostas

Estar

Verifica as respostas

Amar

Verifica as respostas

Rir

Verifica as respostas

Enviar

Verifica as respostas

Ler

Verifica as respostas

Dicir

Verifica as respostas

Comer

Verifica as respostas

Vir

Verifica as respostas

Poder

Verifica as respostas

Pagar

Verifica as respostas

Ir

Verifica as respostas