As regras de acentuación
Neste esquema sintetizamos as regras xerais de uso do acento gráfico en galego.
Esdrúxulas | Graves | Agudas |
---|---|---|
As palabras esdrúxulas acentúanse sempre | Só se acaban en consoante distinta a -n, -s ou -ns | Cando terminan en vogal ou en -n, -s ou -ns |
Exemplo: médico | Exemplo: fácil | Exemplo: verán |
Exercicio 1
Escribe o nome dos elementos fotografados. Ten en conta que en todos os casos debes usar palabras con acento gráfico:
Exercicio 2
Os nomes destas catro doenzas levan acento gráfico. Une as sílabas para saberes de que doenzas se trata:
Ver as solucións
té ta no xa ram pón ru bé o la va rí o la
Exercicio 3
Coloca o acento gráfico nas seguintes palabras cando o precisen, logo indica a súa clasificación segundo a acentuación (agudas, graves ou esdrúxulas) e xustifica a aparición ou non de acento gráfico:
Ex.: minuscula: Minúscula leva acento porque é unha palabra esdrúxula
- dificil:
- papel:
- lapis:
- cancion:
- acuatico:
- esquimo:
- esteril:
- pexego:
- ali:
- chines:
Ver as solucións
- difícil: Difícil leva acento porque é unha palabra grave que acaba en consoante -l.
- papel: Papel non leva acento porque é unha palabra aguda que acaba en consoante distinta -n, -s ou -ns.
- lapis: Lapis non leva gráfico porque é unha palabra grave que acaba en consoante -s.
- canción: Canción leva acento porque é unha palabra aguda que acaba en -n.
- acuático: Acuático leva acento porque é unha palabra esdrúxula.
- esquimó: Esquimó leva acento porque é unha palabra aguda terminada en vogal.
- estéril: Estéril leva acento porque é unha palabra grave que termina en consoante -l.
- pexego: Pexego non leva acento porque é unha palabra grave que acaba en vogal.
- alí: Alí leva acento porque é unha palabra aguda que acaba en vogal.
- chinés: Chinés leva acento porque é unha palabra aguda que acaba en consoante -s.