As regras de acentuación
Neste esquema sintetizamos as regras xerais de uso do acento gráfico en galego.
Esdrúxulas | Graves | Agudas |
---|---|---|
As palabras esdrúxulas acentúanse sempre | Só se acabaren en ditongo decrecente (seguido ou non de -s) ou nunha consoante distinta de -n, -s ou -ns | Cando terminaren en vogal ou en vogal seguida de -n, -s ou -ns |
Exemplo: médico | Exemplo: amigábeis, fácil | Exemplo: verán, mais robots |
Exercicio 1
Escribe o nome dos elementos fotografados. Ten en conta que en todos os casos debes usar palabras con acento gráfico:
Exercicio 2
Os nomes destas catro doenzas teñen acento gráfico. Xunta as sílabas para saberes de que doenzas se trata:
A continuación, completa cada casa coa sílaba certa para formares a palabra:
té ta no xa ram pón ru bé o la va rí o la
Exercicio 3
Coloca o acento gráfico nas seguintes palabras cando for preciso, despois indica a súa clasificación de acordo coa acentuación (agudas, graves ou esdrúxulas) e xustifica a presenza ou a ausencia do acento gráfico.
Ex.: minuscula: Minúscula ten acento porque é unha palabra esdrúxula
- dificil:
- papel:
- lapis:
- cancion:
- acuatico:
- esquimo:
- esteril:
- pexego:
- ali:
- chines:
Verifica as respostas
- difícil: Difícil ten acento porque é unha palabra grave que acaba en consoante -l.
- papel: Papel non se acentúa porque é unha palabra aguda que acaba nunha consoante diferente de -n, -s ou -ns.
- lapis: Lapis non ten acento gráfico porque é unha palabra grave que acaba en consoante -s.
- canción: Canción acentúase porque é unha palabra aguda que acaba en -n.
- acuático: Acuático ten acento porque é unha palabra esdrúxula.
- esquimó: Esquimó acentúase porque é unha palabra aguda terminada en vogal.
- estéril: Estéril ten acento porque é unha palabra grave que termina en consoante -l.
- pexego: Pexego non se acentúa porque é unha palabra grave que acaba en vogal.
- alí: Alí ten acento porque é unha palabra aguda que acaba en vogal.
- chinés: Chinés acentúase porque é unha palabra aguda que acaba en consoante -s.