Recursos de galego para secundaria

A sílaba

Denominamos sílaba a cada golpe de voz con que pronunciamos unha palabra.

Ex.: a - nel, mó - bil, lim - pe - za

Sílabas tónicas e átonas

Non todas as sílabas das palabras se pronuncian coa mesma intensidade. A sílaba tónica dunha palabra é a que se pronuncia con maior intensidade; as demais son sílabas átonas.

Ex. pataca: pa (sílaba átona) - ta (sílaba tónica) - ca (sílaba átona)

As palabras dunha única sílaba poden ser tónicas ou átonas.

Ex. nós (sílaba tónica) vs. nos (sílaba átona): A nós non nos dixo nada

Tipos de palabras segundo a posición da sílaba tónica

Atendendo á situación da sílaba tónica na palabra, podemos distinguir palabras agudas, graves e esdrúxulas.


Exercicio 1

Separa en sílabas estas palabras e sitúaas nos lugares que lles correspondan. Coida que nos cadros brancos coincidan sílabas átonas e nos amarelos as sílabas tónicas:

móbil dificultade espello xampú lóstrego bicicleta aprendiz

espello

bil

aprendiz

xam

lóstrego

bicicleta

dificultade

Corrixe as respostas

Exercicio 2

Indica se as seguintes palabras son agudas, graves ou esdrúxulas:

  1. árbore: esdrúxula
  2. caracol: aguda
  3. garavanzo: grave
  4. mísil: grave
  5. frigorífico: esdrúxula
  6. aquí: aguda
  7. festival: aguda
  8. apóstolo: esdrúxula
  9. iogur: aguda
  10. carácter: grave

Corrixe as respostas

Exercicio 3

Separa en sílabas e indica cal é sílaba tónica nas seguintes palabras. Para iso, consulta como se pronuncia cada unha delas clicando nesta ligazón ao Dicionario de pronuncia da lingua galega:

Ex.: acne: ac - ne

  1. heroe:
  2. paxaro:
  3. atmosfera:
  4. parasito:
  5. elite:
  6. medula:
  7. chofer:
Ver as solucións
  1. heroe: he - ro - e
  2. paxaro: pa - xa - ro
  3. atmosfera: at - mos - fe - ra
  4. parasito: pa - ra - si - to
  5. elite: e - li - te
  6. medula: me - du - la
  7. chofer: cho - fer