Sílaba e tipos
Denominamos sílaba a cada golpe de voz con que pronunciamos unha palabra.
Exemplos:
Sílabas tónicas e átonas
Non todas as sílabas das palabras se pronuncian coa mesma intensidade. A sílaba tónica dunha palabra é a que se pronuncia con maior intensidade; as demais son sílabas átonas.
Exemplo:
pataca 👉
As palabras dunha única sílaba poden ser tónicas ou átonas.
Exemplos:
A nós non nos dixo nada 👉
Tipos de palabras segundo a posición da sílaba tónica
Atendendo á situación da sílaba tónica na palabra, podemos distinguir palabras agudas, graves e esdrúxulas.
-
As palabras agudas teñen tónica a última sílaba:
a -mar -
As palabras graves teñen tónica a penúltima sílaba:
es -tre -la -
As palabras esdrúxulas teñen tónica a antepenúltima sílaba:
lám -pa -da
Exercicio 1
Clasifica as seguintes palabras en monosílabas, bisílabas, trisílabas, tetrasílabas ou cuadrisílabas e pentasílabas. Coloca a sílaba de cada unha delas no lugar que lle corresponde.
Repara nisto!
As casas brancas son para as sílabas átonas e as amarelas, para as sílabas tónicas:
Monosílabas
Bisílabas
Trisílabas
Tetrasílabas ou cuadrisílabas
Pentasílabas
Exercicio 2
a. Separa as palabras en sílabas e indica cal é sílaba tónica:
Se tiveres moitas dúbidas, consulta a pronuncia de cada unha no Dicionario de pronuncia da lingua galega
- heroe:
he-ro-e A sílaba tónica éro - acne:
ac-ne A sílaba tónica éac - paxaro:
pa-xa-ro A sílaba tónica éxa - atmosfera:
at-mos-fe-ra A sílaba tónica éfe - parasito:
pa-ra-si-to A sílaba tónica ési - elite:
e-li-te A sílaba tónica éli - medula:
me-du-la A sílaba tónica édu - neon:
ne-on A sílaba tónica éne - pelicano:
pe-li-ca-no A sílaba tónica éca - diocese:
dio-ce-se A sílaba tónica éce - meteoro:
me-te-o-ro A sílaba tónica éo
b. O que teñen en común as 11 palabras anteriores?
A sílaba tónica de todas elas é a
Exercicio 3
Clasifica as seguintes palabras en agudas, graves ou esdrúxulas:
- obriga:
grave - árbore:
esdrúxula - caracol:
aguda - garavanzo:
grave - mísil:
grave - frigorífico:
esdrúxula - aquí:
aguda - festival:
aguda - apóstolo:
esdrúxula - iogur:
aguda - carácter:
grave