Recursos para a aprendizaxe da lingua galega

A pronuncia do o aberto e do o fechado

Como pronunciar o aberto e o o fechado

Repara: A chave está na lingua!

Marcar a diferenza entre o fechado e o aberto é moi fácil se te lembrares disto: achega a lingua ao padal para fechar a vogal e afástaa para abrila. Noutras palabras, a lingua debe estar nunha posición máis alta ou elevada, no caso do o fechado, e nunha posición máis baixa, no caso do o aberto.