Recursos para a aprendizaxe da lingua galega

A pronuncia do e aberto e do e fechado

Como pronunciar o e aberto e o e fechado

Repara: a chave está na lingua!

Se comparares as dúas imaxes, notarás que na pronuncia do e aberto a lingua fica máis baixa. Porén, para pronunciarmos o e fechado debemos elevala, aproximala ao padal.