Recursos para a aprendizaxe da lingua galega

A nasal velar

Como é que se pronuncia?

Como se representa na escrita?

O fonema nasal velar sonoro /ŋ/ represéntase en galego de dúas formas:

  1. co dígafro -nh-
  2. coa grafía -n-

Onde podemos encontrar o ene velar?

- No principio da sílaba seguido de vogal

Exemplos:

u-nha, cu-nha, du-nha, nu-nha

algu-nha, dal-gu-nha, nu-nha

nin-gu-nha

- No final da palabra

Exemplos:

verán, pingüín, refén, bombón, xaxún

- No final da sílaba ante consoante velar (k, g) ou ante consoante nasal (m, n)

Exemplos:

cunca, branco, xiringa, sangue

inmune, conmemorar, perenne, connosco