A formación do plural en galego
1. As palabras terminadas en vogal acrecentan un -s ao singular
Exemplos:
- caderno > cadernos
- sofá > sofás
- pai > pais
- chapeu > chapeus
- persoa > persoas
2. As palabras acabadas en consoante -r, -s ou -z acrecentan -es
Exemplos:
- muller > mulleres
- país > países
- rapaz > rapaces
Excepcións:
- o lapis > os lapis
- o tenis > os tenis
- o clímax > os clímax
- o tórax > os tórax
3. As palabras acabadas en -n, trocan o -n por -ns
Exemplos:
- atención > atencións
- canción > cancións
4. As palabras terminadas en -l
4.1 As palabras monosílabas acrecentan -es
Exemplos:
- pel > peles
- mol > moles
As palabras compostas en que o 2º elemento é un monosílabo acabado en -l tamén acrecentan -es
Exemplos:
- ollomol > ollomoles
4.2 As palabras agudas polisílabas trocan o -l por -is
- igual > iguais
- español > españois
- azul > azuis
Presta atención!
As acabadas em -il perden o -i da antiga secuencia -iis:
- infantil > infantís
- cadril > cadrís
4.3 As palabras graves acrecentan -es
Exemplos:
- fácil > fáciles
- téxtil > téxtiles
A terminación -bel, fai o plural en -beis:
- amigábel > amigábeis
- incríbel > incríbeis
5. As palabras terminadas noutras consoantes distintas das xa vistas acrecentan -s
Exemplos:
- club: clubs
- pub: pubs