5 palabras que acaban en -ano
Se as usarmos, non estamos errados
Ningunha destas 5 palabras acaba en -án, a terminación correcta é -ano:
- Marciano
- Humano
- Urbano
- Veterano
- Vexetariano (e tamén vegano)
Cal é a orixe desta confusión?
Como algunhas palabras do español que acaban en -ano, teñen a terminación -án en galego (cidadán, artesán, irmán, ancián, cirurxián, aldeán, cristián...) moitas persoas pensan que acontece igual con marciano, humano, urbano, veterano e vexetariano.
Non acontece! A terminación correcta tanto en galego como en portugués é -ano, e hai máis palabras que acaban así. O xentilicio dos nacidos nos seguintes lugares tamén acaba en -ano.
Agora que o sabes, escribe correctamente o seu nome:
- Asturias:
asturiano - Valencia:
valenciano - Murcia:
murciano - Guipúscoa:
guipuscoano - Mozambique:
mozambicano - Angola:
angolano - Cabo Verde:
caboverdiano - América:
americano - Italia:
italiano - Sicilia:
siciliano - México:
mexicano - Australia:
australiano - Irán:
iraniano - Kenya:
kenyano