Recursos de galego para secundaria

2º da ESO

Unidade 1

Crebas ou quebras
Restos de naufraxios ou cargas dos barcos que o mar arrastra até a costa
Entullo
  1. Restos de pedras, terras etc., que arrastra unha corrente de auga.
  2. Montón de fragmentos que resultan dunha demolición, dun derrubamento ou restos dunha construción.
Á espreita
Vixiar con disimulo para non ser visto
Explica coas túas palabras esta oración: O asunto é vox pópuli
O asunto é coñecido por todos
Degoxar
Desexar moito unha cousa
Ser fantástico con busto de muller e o resto do corpo de peixe
Serea
Bucina que, nos barcos, coches de policía, ambulancias etc se emprega para facer sinais
Sirena
Cal é a función dun adverbio na oración?
Complementar un verbo, un adxectivo ou outro adverbio
Que é unha lingua románica?
As linguas románicas son as que derivan do latín
Cal destas linguas non é románica: castelán – galego – catalán – éuscaro – aranés?
Éuscaro
Que linguas teñen o estatuto de linguas oficiais no Estado español?
Cinco: castelán, galego, catalán, éuscaro, aranés
Cal é a diferenza entre unha oración e unha frase?
As oracións teñen un verbo ou máis dun verbo en forma persoal e as frases non
Cales son as palabras invariábeis?
Adverbios, preposicións, conxuncións e interxeccións
Que é un enunciado?
Un texto delimitado por pausas con sentido completo
Que son os xéneros literarios?
Son categorías en que se agrupan as obras literarias
Cales son tres grandes xéneros literarios?
Narrativa, poesía e teatro
Cal é o xénero dramático?
O xénero dramático é o que engloba as obras literarias concibidas para seren representadas perante un público. Teñen forma de diálogo directo entre personaxes e inclúen indicacións (anotacións) para a representación.
Son subxéneros narrativos:
Conto, novela, novela curta, fábula, lenda, biografía
Que é unha epopea?
É unha composición en verso que narra feitos relacionados coas fazañas de heroes ou coa orixe e a historia dun pobo.
Son subxéneros dramáticos
Comedia, traxedia, drama, traxicomedia, farsa
Coñeces algún exemplo de xénero narrativo en verso?
Coñezo, o romance e os poemas épicos
Adverbio
Clase de palabra que indica circunstancias de lugar, modo, tempo ou cantidade, ou expresa afirmación, negación ou dúbida.
Trasgo ou trasno
Ser fantástico que acostuma facer trasnadas
Grosso modo
A grandes liñas, máis ou menos Ex.: Hai, grosso modo, dúas opinións maioritarias
In albis
En branco Ex.: Quedou in albis e non puido responder
Ex professo
A propósito Ex.: Deixei ex professo este tema para o final
Nubeiro
É un espírito maligno que, segundo a crenza popular, trae as tempestades.
Preposicións
As preposicións son palabras invariábeis que serven para unir ou relacionar palabras
Centauro
Ser fantástico da mitoloxía grecorromana con cabeza, torso e brazos humanos e o resto do corpo de cabalo
Lobishome
Home que, segundo a crenza popular, se transforma en lobo
Sinónimo de lobishome
Licántropo
Gnomo
Espírito ou ser fabuloso, da mitoloxía xermánica, con figura de anano, que habita no interior da Terra onde custodia as minas e os tesouros
A posteriori
Con posterioridade