Infinitivo persoal para manifestos
2 fórmulas básicas para o seu uso
Fórmula 1
Grazas por + infinitivo flexionado + o que quixermos agradecer
Exemplos:
- Grazas por apoiardes estas reivindicacións
- Grazas por subscribirdes este manifesto
- Grazas por asinardes a petición
- Grazas por comprenderdes a situación
- Grazas por participardes neste acto
Fórmula 2
Oración impersoal + infinitivo persoal
É crucial/fundamental/importante/esencial/necesario/preciso/vital + infinitivo persoal
Exemplos:
- É fundamental loitarmos contra esta inxustiza
- É preciso estarmos unidos, pois xuntos seremos máis fortes
- É esencial asumirmos a nosa responsabilidade
- É vital actuarmos con decisión
Cómpre + infinitivo persoal
Exemplo:
- Cómpre sermos solidarios con todos os que o están a pasar mal