Recursos de galego para secundaria

1º da ESO

Unidade 1

Bogada
Conxunto de roupas que se lava dunha vez
Escorregar
Perder o equilibrio ou o control do movemento ao pisar ou moverse sobre unha superficie. Esvarar
Enxoval
Conxunto de mobles, alfaias, roupa ou outras pertenzas, que achegan os noivos cando casan
Sela
Asento de coiro adaptado ao lombo do cabalo para que o cabaleiro poida sentar comodamente. Tamén se lle chama así ao asento das bicicletas, das motocicletas e dalgúns tractores
Guedella
Porción de cabelo longo
O que é a literatura?
A arte que utiliza a palabra escrita ou oral como medio de expresión
Características da linguaxe literaria
  • Emprega recursos ou figuras estilísticas
  • Ten finalidade expresiva, non unicamente informativa
  • Predomina a subxectividade sobre a obxectividade

Soletrea a palabra aquí

O a, o que u, o i
Cantos dígrafos hai en galego?

Seis:

  • o ce hache > ch
  • o gue u > gu
  • o ele dobre > ll
  • o ene hache > nh
  • o que u > qu
  • o erre dobre > rr

Como se chama esta letra q?

Que

Como se chama esta letra x?

Xe

Como se chama esta letra j?

Iota
Cantas vogais hai en galego?

Sete:

  • o a
  • o e aberto
  • o e fechado
  • o i
  • o o aberto
  • o o fechado
  • o u
Cales son elementos que interveñen na comunicación humana?
Emisor, destinatario, mensaxe, código, canle, contexto e feedback