Polisemia
Unha palabra polisémica é a que ten varios significados.
Exemplos:
espiña
- Cada unha das partes óseas que forman o esqueleto do peixe e o conxunto desas partes.
- Columna vertebral.
- Gran con acumulación de secreción que se forma na pel.
- Puga dura e aguzada que nace no talo ou pólas dalgunhas plantas.
serán
-
Parte do día que vai desde que comeza o pór do sol até que se fai noite.
-
Reunión nocturna de carácter festivo.
laranxa
-
Froito comestíbel da laranxeira, de forma esférica, casca dura e polpa dividida en cuarteiróns.
-
Cor entre amarela e encarnada.
tenis
-
Deporte.
-
Zapatilla deportiva.
ordenar
-
Pór en orde.
-
Dar unha orde, mandar.
-
Conferir unha orde sacra. Ex.: O papa ordenou tres novos bispos.