Recursos para a aprendizaxe da lingua galega

Hiperonimia

Un hiperónimo é unha palabra cuxo significado, por ser máis xeral, inclúe o doutras palabras.

Cada unha desas palabras con significado máis específico é un hipónimo.

Entre o hiperónimo e o hipónimo estabelécese unha relación de xerarquía.

Exemplos

Hiperónimo: dedo

Hipónimos: polgar, índice, maior, anular, maimiño

Polgar e índice son cohipónimos

---

Hiperónimo: lácteo

Hipónimos: leite, queixo, manteiga, nata, iogur, callada, requeixo, quefir

Iogur e manteiga son cohipónimos.

Exercicio 1

Escribe os hipónimos dos seguintes hiperónimos:

Cereal:

Leguminosa:

Día:

Peixe:

Froito vermello:

Verifica as respostas

Hiperónimo: cereal

Hipónimos: trigo, centeo, cebada ou orxo, avea, millo, espelta, arroz

---

Hiperónimo: leguminosa

Hipónimos: lentella, garavanzo, chícharo, feixón verde, faba, tirabeque, soia

---

Hiperónimo: día

Hipónimos: segunda feira, terza feira, cuarta feira, quinta feira, sexta feira, sábado, domingo

---

Hiperónimo: peixe

Hipónimos: xarda, pescada, peixe sapo, sardiña, xurelo, robaliza, dourada, salmón, ollomol, rapante ou meiga

---

Hiperónimo: froito vermello

Hipónimos: amorodo, framboesa, arando, grosella, amora ou mora, baga de goji

Exercicio 2

Escribe o hiperónimo das seguintes series de hipónimos:

Hipónimos: mexillón, berberecho, ameixa, vieira, ostra, zamburiña, voandeira

Hipónimos: abelá, améndoa, noz, semente de xirasol, semente de cabaza, pistacho, anacardio, piñón, castaña

Hipónimos: mosca, mosquito, avespa, abella, tabán, xoaniña, avespa asiática, bolboreta, escaravello, grilo

Hipónimos: torta, xeado, flan, crema de ovo, queixo con marmelo, filloa con nata, froita, arroz doce, mousse, pudin, leite frito

Hipónimos: alfábega, louro, perexil, tomiño, romeu, coandro, ourego, hortelá, ceboliño

Verifica as respostas

Hiperónimo: molusco

Hipónimos: mexillón, berberecho, ameixa, vieira, ostra, zamburiña, voandeira

---

Hiperónimo: froito seco

Hipónimos: abelá, améndoa, noz, semente de xirasol, semente de cabaza, pistacho, anacardio, piñón, castaña

---

Hiperónimo: insecto

Hipónimos: mosca, mosquito, avespa, abella, tabán, xoaniña, avespa asiática, bolboreta, escaravello, grilo

---

Hiperónimo: sobremesa

Hipónimos: torta, xeado, flan, crema de ovo, queixo con marmelo, filloa con nata, froita, arroz doce, mousse, pudin, leite frito

---

Hiperónimo: herba aromática

Hipónimos: alfábega, louro, perexil, tomiño, romeu, coandro, ourego, hortelá, ceboliño